Cadernos da viaxe.A iniciativa dunha cumprida representación do noso mundo profesional e cultural para a celebración cidadá do Día da Nación galega o vindeiro 25 de xullo ten un valor evidente, porque convoca unha celebración que trascende partidos e vertebra á nosa sociedade. Tendendo a unha reivindicación baseada na nación como acto de cidadanía, como acto de civismo e vontade.
Esta iniciativa opera nun plano que só atinxe ao mundo- máis ou menos amplo, máis ou menos limitado- do nacionalismo,do galeguismo e mesmo dos que ven Galicia en clave de país e como tal, suxeito político por si proprio. Neste contexto, non deixa de ser verdade que o outro debate que está riba da mesa, o de xuntar cidadanía nunha grande marea galega, que sobarde estes límites e atinxa, apelándoos, a outros sectores da sociedade galega, partilla noutra liga. Compre, pois, non confundirmos os conceptos nin confundirmos os debates, mais sen sermos tan inxenuos como para ignorar que un e outro están certamente relacionados.
Na Galicia e na Europa do 2015 cada vez son menos comprensíbeis as liortas partidarias en clave propria da “Vida de Brian”. Importan, xa, ben pouco os purismos, os resistencialismos e os adanismos. Son tempos de tecer complicidades e de construir pontes. E de escoitar a esas ducias de milleiros de galegos e galegas que non entenden as artificiais diferenzas entre os fas e os nefas, entre a fronte xudía de liberación e a fronte de liberación dos xudeus. De escoitar ao común.
Porque, precisamente dende o plano cidadán (dende o plano veciñal) non hai risco de que o mato non nos deixe ver as figueiras. Non hai risco de que os ideoloxismos non nos deixen albiscar as solucións.-
A ARRINCADEIRA: EUROPA, EUROPA.
Outravolta a Europa da incompetencia pariu unha (non) solución á crise grega. Mais as disensións na Syriza e na CDU alemá ilustran que os grandes problemas da osa convivencia só se resolverán con máis Europa. Cunha gobernanza común que mutualice todas as débedas públicas, unifique a defensa militar, a coordinación fiscal, a unión monetaria e máis a diplomacia. Doutro xeito hanos comer polos pés. A falla de visión dos austericidas e de determinados “campions nacionais” afasta a única solución posiñbel. A solución global europea.
Xoán Antón Pérez-Lema




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



