O pasado venres 10 de xullo daba comezo o obradoiro de pintura mural, que organizan a Concellería de Cultura e Xuventude, a Omix e a Biblioteca de Barreiros. O obradoiro, que se prolongará ata o 29 de xullo no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, está dividido en catro partes nas que se abordarán temas como: o entorno urbano e arquitectónico na pintura mural; estudo do entorno; elaboración de bocetos, propostas plásticas; deseño final e propostas de color e aplicación da pintura mural na parede obxecto de decoración; fotografías do traballo rematado. O curso, que é gratuíto, ten lugar os luns, mércores e venres en horario de 11.00 a 13.00 horas. Nel participan rapaces con idades comprendidas entre os 7 e os 30 anos.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



