O Grupo Provincial Socialista na Deputación de Lugo denuncia a situación de “parálise absoluta”, na que o Partido Popular mantén o organismo provincial dende a súa chegada. A Deputada socialista, Pilar García Porto, explicou este venres que “o único que fixo o PP durante este tempo foi cambiar as pechaduras das portas de algúns servizos provinciais, amosando unha absoluta desconfianza nos traballadores públicos. É un caso sen precedentes, posto que os socialistas nunca fixemos isto a pesares de chegar á institución luguesa logo de 25 anos do PP”.
“Pero o desprezo aos traballadores da Deputación por parte do Partido Popular vai máis alá, pois unha boa parte dos novos Deputados delegados de áreas provinciais nin se pasaron polos seus respectivos departamentos a presentarse ou coñecer o traballo que se leva a cabo. Isto é, ademais, unha evidente mostra do nulo traballo que o PP está a realizar no organismo provincial”.
“Outra mostra desta parálise e absoluta desidia do Partido Popular é que, a estas alturas, nin nomearon aos membros da Xunta de Goberno Provincial, tal e como fixemos os socialistas antes da celebración do Pleno de Organización”, salientou.
García Porto engadiu que “Elena Candia tivo máis interese en facer de Delegada da Xunta en Lugo, anunciando que vai a asumir custos que por lei lle corresponden ao Goberno galego de Feijóo, que en exercer de Presidenta da Deputación de Lugo, nunha clara manobra de competir con Raquel Arias e de intentar substituír a Barreiro no Partido Popular”.
Ante todo isto, a Deputada socialista concluíu, reclamando ao PP: “póñanse a traballar o tempo que lles queda na Deputación”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



