Pablo Maseda Fernández volverá a presidir o equipo directivo das Escolas Deportivas Lourenzá durante 4 anos máis tras ser reelixido en asemblea por segundo mandanto consecutivo.
O equipo componse doutras 21 persoas- A composición é:
PABLO MASEDA FDEZ – PRESIDENTE
FRANCISCO RIVAS DASILVA – VICEPRESIDENTE
OSCAR GLEZ. DOCAMPO – SECRETARIO
JOSÉ GARCÍA SANTE – TESORERO
JOSEFA RGUEZ LORENZO – VOCAL
LINO GARCÍA VALEA – VOCAL
J. MANUEL GARCÍA FDEZ – VOCAL
JUAN LÓPEZ RGUEZ – VOCAL
JOSÉ RGUEZ. LOMBARDÍA – VOCAL
EDUARDO IGLESIAS VILLAR – VOCAL
MOISÉS LÓPEZ CHAO – VOCAL
NICOMEDES OTERO FDEZ – VOCAL
J. MANUEL FDEZ LOURIDO – VOCAL
ISMAEL VALLINES BLANCO – VOCAL
MARCOS CANDIA CUBA – VOCAL
PEDRO DÍAZ LÓPEZ – VOCAL
ROSA FDEZ. DOCAMPO – VOCAL
CARLOS DOCAMPO PÉREZ – VOCAL
PABLO JAVIER SORDO ROCHA – VOCAL
EDUARDO REIGOSA BRAÑA – VOCAL
PEDRO DÍAZ LÓPEZ – VOCAL
Nesta primeira asamblea extraordinaria, a primera decisión foi a de asignar as funcións e as delegacións da xunta directiva. O Presidente, Pablo Maseda, asumirá a xestión de patrocinios do club, Francisco Dasilva encargarase das infraestruturas, Lino García e Marcos Candia da labor social e Pablo Javier Sordo, Ismael Vallines e J. Manuel Fdez. levarán a publicidade do club.
Tamén se estableceron as cotas sociais para a nova temporada que non sofren modificacións aínda que aparece a figura do socio familiar. Socio Normal: 40 euros. Socio Protector:75. E, Socio Familiar: 60.
Deuse de alta tamén a sección de Padel do club. O obxectivo da directiva a curto prazo é “aumentar a masa social nunha temporada 2015-2016 que supón o 20º Aniversario do Club co 1º equipo de fútbol regresando á 1ª Autonómica e o 1ª equipo de Basket en Liga Nacional”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
