Burela, 17 de xullo de 2015.- De novo a FUNDACIÓN EXPOMAR de Burela que preside D. Alfredo Llano García, esta a traballar na vindeira PRODUART 2015, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos que chega a súa XIII edición.
O fin de semana do 31 de Xullo e o 1 e 2 de Agosto terá lugar en Burela a XIII edición de Produart, feira dos produtos artesanais e ecolóxicos, que abrirá a súas portas a partires das 17.30 horas do venres 31 de Agosto, con carácter totalmente gratuito para @s visitantes
Coma sempre PRODUART 15, coincidirá coa celebración da Festa Degustación do Bonito do Norte , organizada pola A.C. Ledicia, coa que todos estes anos estamos a colaborar e que terá lugar o sábado día 1 na explanada portuaria da nosa localidade.
Produart 15 informa a tódalas empresas de produtos artesanais e ecolóxicos, que nestes momentos, estamos nos últimos días da campaña comercial de participación e captación de expositores/as. Calqueira empresa relacionada cos sectores artesanais ou ecolóxicos, poden poñerse encontacto connosco nos tlfnos da Fundación o via mail a:
Tlfno: 982 586232 movil: 610 574188. mail : xerencia@expomar.com ou ben a expomar@expomar.com
Produart 15 comezará esta edición cun programa de actividades paralelas á propia exposición comercial que se desenvolverá no recinto feiral durante as datas de realización da feira. : Música, Videoforum , Exposicións, Talleres para nen@s durante toda a duración da feira, Demostracións en vivo, Degustacións , Videoactiv@, etc… tódalas actividades paralelas, acompañarán nestas datas á exposición comercial dos produtos artesáns e ecolóxicos representados.
A Organización está nestes momentos construindo o programa de actividades paralelas das que daremos a información necesaria.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



