Foz, 8 de xullo de 2015.– Este mércores foi presentado o novo adestrador do C.D. Foz, a presentación correu a cargo do Presidente do Club José Maria Garcia Rivera , acompañado polo Director deportivo, José Antonio Rodriguez.
“Hai moita ilusión neste novo equipo e ganas de facer un traballo digno”, en palabras do presidente. “Traballaremos incansablemente para levar o equipo o mais alto posible sabendo ter os pés no chan. Pedimoslles os xogadores seriedade e entrega, e que fagan un esforzo para colocar este club, donde por traxectoria lle pertence. Animamos ó Pobo de Foz a arrimar o ombro e defender a idea de que traballando todos en bloque se conseguen as metas propostas”.
O adestrador dixo que “este equipo ten que funcionar perfectamente pero, coidado, sempre que fagamos un traballo serio e con moita dedicación, estou moi contento de estar aquí de novo, e a maiores comprométome a traballar sen descanso para conseguir a meta proposta que non e outra que o ascenso, os xogadores van ser todos ligados a Foz, e colleremos da canteira todos aqueles efectivos necesarios para completar. Tamén teño que agradecer o xesto de moitos xogadores de Foz que están noutros equipos, que se puxeron a miña disposición para nas condicións dos demais vestir a camiseta rojiblanca”.
De momento o Foz ten novidades coa incorporación do porteiro Pelayo procedente do Iberia, e coa disposición total de Diego Hermida. Seguiremos informando.