Lourenzá, 17 de xullo de 2015.- Con respecto ao pleno extraordinario da corporación municipal celebrado este xoves, a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, lembrou este venres que coa anterior rexedora municipal a oposición non estaba representada nos órganos colexiados nin noutras cuestións de interese para os veciños.
En resposta ás críticas realizadas polo Partido Popular, Rocío López comentou: “lamentamos que a ex rexedora, a señora Álvarez, non manifestase esta predisposición e esta vontade de incluír a un representante da oposición na Mancomunidade de Municipios da Mariña cando ela estaba gobernando. Se tiña esa intención foi unha pena que non a puxera en práctica cando tivo a oportunidade, mentres foi alcaldesa, e incluírnos a nós e ao outro partido da oposición nos órganos colexiados e noutras cuestións de interese para Lourenzá e para os veciños”.
Por outra parte, a alcaldesa explicou que “respecto a non aprobar o debate por urxencia da moción presentada polo Partido Popular, non entendo ese afán por intentar enredar e buscar enfrontamentos políticos. Nesa moción fálase da posibilidade de expoñer a obra dun veciño da parroquia de Santo Tomé na próxima Festa da Faba. Este é un tema serio e moi respectable, que si imos ter en conta. Non se incluíu neste pleno por razóns organizativas relacionadas coa Festa da Faba, pero sen dúbida si que se incluirá esa moción para o seu estudio noutra sesión. É unha obra dun veciño noso e, polo tanto, para min supón un orgullo poder contar con ela, ben sexa na Festa da Faba ou noutro evento que se realice”.
Rocío López engadiu: “dixen que non ía facer política con temas e cuestións tan importantes que atinxen aos nosos veciños. Pero quero poñer de manifesto a miña total predisposición e colaboración para que esa obra se expoña aquí, en Lourenzá, e estou segura de que tanto eu como o resto do equipo de goberno buscaremos un lugar para que esa magnífica obra sexa mostrada ao público, sen que a señora Emma Álvarez teña que buscarlle ubicación noutros concellos. Quero recordarlle á señora Álvarez que o seu traballo agora é facer oposición; e non entendo ese afán seu en querer marcarnos a folla de ruta. Estivo de alcaldesa para facer todos e cantos proxectos tivo en mente e non os puxo en práctica. Lástima que agora queira vir darnos a nós unha lección de goberno, cando a xente nos escolleu a nós para gobernar”.
A rexedora municipal de Lourenzá tamén comentou que “se tanto interese e preocupación teñen a señora Emma Álvarez e o seu equipo polos veciños estarían hoxe en Santiago comigo e cos gandeiros de Lourenzá para axudarlles a loitar polos intereses das explotacións leiteiras da provincia e de Galicia. Non estar na mobilización celebrada en Santiago hoxe si que se define como un pasotismo total e absoluto do Partido Popular de Lourenzá, que debería sumarse a esta manifestación de apoio aos gandeiros galegos e loitar xunto con nós para esixir ás institucións competentes na materia, Goberno Central e Xunta de Galicia, que tomen cartas no asunto e freen dunha vez xa o desmantelamento da gandaría de leite en Galicia”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



