Pasada das Cabras de Burela, en colaboración coa Fundación Alcoa e dentro do seu Plan de Voluntariado “Alcoanos en Movimiento”, puxo en marcha un programa de rutas por A Mariña para este mes de xullo que comezou este sábado cunha ruta nocturna dende Burela a San Cibrao. Participaron máis de 60 camiñantes que remataron a ruta cun chocolate con churros. O plan de acción completarase con outras dúas rutas o xoves 23 de xullo polo río Xunco (de Rueta a Cervo) e o xoves 30 polos muíños dende o río Rigueira en Xove. Pasada das Cabras e os voluntarios de Alcoa que participan agradecen a alta participación.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



