Burela, 13 de xullo de 2015. Os nenos e nenas que participan na Ocioteca de verán do Concello de Burela elaboraron este domingo un acuario con pedras e cunchas da praia do Portelo. A actividade, bautizada como Un mar de peixes, tivo lugar no paseo marítimo o pasado venres e foi organizada pola Concellería de Medio Ambiente. A responsable do departamento, Noelia Ben, achegouse ao lugar e mesmo colaborou cos nenos repartido material. “A praia ademais de para divertirse nela, pode ser o escenario de multitude de actividades”, sinalou a edil socialista.
Os cativos usaron botellas de plástico baleiras, auga, tinta azul, pedras e peixes debuxados para construír o seu acuario. “Estas actividades ofrecen a posibilidade de gozar, coidar e respectar a natureza e o medio que nos rodea, praias, paseos marítimos, mar, sol, con todos os beneficios que nos ofrecen”, dixo Noelia Ben, que tamén eloxiou a sinxeleza do obradoiro e o resultado da obra creada polos nenos.