O dito “traballar para o inglés” parece ser que se comezou a empregar en Cuba en tempos -supoño- decimonónicos ou incluso antes, enseguida se estendeu polo Caribe e non tardou en propagarse practicamente polo mundo enteiro, ou cando menos polo occidental. O seu significado é ben coñecido por todos: traballar para que outro de aproveite de maneira esaxerada ou deixarse explotar.
Esta expresión está de plena actualidade, ou polo menos así o vexo eu. En días pasados estiven percorrendo o suroeste de Inglaterra e parte de Gales tendo como “campamento base” Bristol, unha cidade con máis de oito séculos de historia ligada á navegación; á piratería; ao comercio de azucre, escravos e tabaco con América e África e que na actualidade é un dos centros administrativos máis destacados do suroeste inglés cunha poboación que supera os 400.000 habitantes en algo máis de 20.000, cantidade esta similar á de españois que residen alí.
Atraídos por programas como “Españoles por el mundo” ou similares que proliferan polas televisións públicas (Galegos polo mundo, Madrileños por el mundo…) cada vez son máis os mozos e mozas “sobradamente preparados” que emigran a diferentes lugares do mundo co ánimo de mellorar algún idioma e/ou ampliar o seu currículum, en definitiva por buscar un futuro mellor.
Co que se atopan -cando menos na realidade que eu puiden ver en Bristol- é con colonias moi nutridas de persoas que falan o seu mesmo idioma (principalmente españois, pero tamén centro e sudamericanos) e con outros guetos de inmigrantes de orixes moi diversos que están sendo explotados desempeñando traballos que os locais rexeitan e que son desenvolvidos en condicións administrativas e laborais penosas. O máis habitual son contratos de “Cero horas” con carencia de coberturas sociais e retribucións que varían en función da carga de traballo que haxa en cada momento.
A taxa de paro é moi reducida (entre un 4 e un 6 por cento) e atopar un posto de traballo resulta relativamente doado, os salarios en comparación cos habituais para Galicia son moito máis elevados, moitísimo máis se temos en conta o cambio da Libra co Euro. Pero tamén o custo da vida é moi superior, algo que provoca que se vexan na obriga de compartir piso con outras catro, cinco, seis persoas para dar pagado os elevados prezos do aluguer e medirse á hora de facer a compra. Deste xeito, moitos emigrados conseguen “aforrar” algunhas cantidades que van ter que investir en pagar o billete da compañía aérea low cost que os traia a visitar á familia unha, ou como moito dúas veces ao ano. Traballan para o inglés.
Moitos son conscientes de que as condicións son moi duras, pero teñen a esperanza de algún día atopar traballo do seu, unha vez que fagan seu o idioma alleo.
Coñecín a uns cantos rapaces e rapazas que estaban en condicións como as que lles relato e falaban de que así está a maior parte de expatriados (“spaniers”, como alí lles din de forma despectiva) e a todos lles fixen a mesma pregunta a algúns de maneira individual e a outros de xeito colecitvo: “Estarías disposto a vivir en España nas condicións nas que vives aquí?”. E todos e todas contestaron de maneira clara e contundente: Non.
Fran Bouso




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



