Foz, 14 de agosto de 2015.- A Feira do Libro de Foz, a máis antiga da Mariña e unha das máis veteranas de Galicia, chega este ano á súa 30ª edición cun programa que se desenvolverá entre o 20 e o 23 de agosto na praza Conde de Fontao, o seu escenario habitual. Os horarios de apertura serán entre as 17:30 e as 22 horas, polas tardes. O pregón do escritor Diego Ameixeiras daralle inicio o día 20, abrindo un programa de actos que inclúe unha extensa actividade para os máis pequenos.
“Haberá sete casetas, contando tamén coa participación das librarías locais. Durante os catro días que vai durar a feira teremos en Foz escritores como Mónica Justo, Roberto Martínez, Uxío Diéguez, Paco Rivas ou José de Cora, que presentarán os seus últimos libros ou dialogarán sobre os mesmos”, asegurou Nani Rodríguez, coordinadora da Federación de Librarías de Galicia, que presentou hoxe o evento en Foz xunto ao alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.
“En catro días estarán presentes máis de 15 persoas do mundo do libro e da escritura. Para os máis pequenos teremos actividades de fomento da lectura, coma sempre, coma os contacontos, realizaremos un obradoiro de reciclado de materiais e un concurso de debuxo, no que o sábado día 22 ás 18 horas se entregarán os premios nas tres categorías participantes. Como é habitual nas nosas feiras, as compras de libros terán un 10 por cento de desconto e realizaranse sorteos diarios de lotes de libros. O sábado teremos, ademais do lote de libros, un sorteo dunha estancia para dúas persoas nun balneario do grupo Caldaria. Este ano, como algo máis especial, faremos uns marcapáxinas conmemorativos do XXX aniversario da Feira do Libro de Foz”, detallou Rodríguez.
Os coloquios comezarán co do propio pregoeiro, Diego Ameixeiras, o xoves ás 20:30 horas. O autor presentará a súa obra Conduce rápido. Ao día seguinte, 21 de agosto, ás 19:30 horas Mónica Justo e Roberto Martínez presentarán o seu libro infantil Tempos de norte, e ás 20:30 horas será o turno de Uxío-Breogán Diéguez coa obra Nacionalismo galego aquén e alén mar. O sábado presentarán os seus libros autores como Cristina Corral, José de Cora ou Paco Rivas, e o domingo será a quenda de Antonio Rodríguez Baixeras.
Pola súa banda, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, quixo salientar a antigüidade da cita, á que definiu “como un clásico do mes de agosto”. O rexedor agradeceu tamén a Nani Rodríguez e á Federación de Librarías de Galicia a súa confianza en Foz dentro das rutas das feiras de Galicia que permiten chegar nesta edición á número 30 e a converten nunha das máis veteranas da comunidade.
“Celebramos este 30 aniversario como hai que facelo, con diferentes actos, como ben dixo Nani, e facendo honra a nosa cultura e á xente que se dedica a escribir libros. É unha moi boa oportunidade para que os autores que se van achegar a asinar libros teñan a ben facernos unha dedicatoria. Invitamos a que a xente veña á Feira do Libro, que goce de Foz estes días, moi ateigados con actividades como a Festa do Marisco e a Feira de Mostras Multisectorial, pero sobre todo que a xente merque libros e que goce do seu tempo libre coa lectura”, rematou Castiñeira.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



