Foz, 21 de agosto, de 2015. A Feira de Mostras Multisectorial de Foz e da Mariña abriu este xoves as súas portas na explanada portuaria coa presenza de representantes políticos, que saudaron unha iniciativa que reunirá ata o próximo domingo a 80 expositores e 200 marcas.
O alcalde de Foz, o popular Javier Castiñeira, gabou un evento que contribúe a completar a oferta de verán en Foz e inclúe actividades e sectores moi diversos: “é unha feira importante, unha feira do sector comercial, que engloba moitísimas actividades, dende o automóbil ao ocio ou a propia hostalaría, a artesanía… Como todos estes últimos anos a Feira Multisectorial vai ser unha referencia. Ademais, como ben podedes ver en Foz esta fin de semana compatibilizamos varios eventos como a Feira do Libro, que vén de ser inaugurada e sábado e domingo teremos tamén a festa do marisco. É unha fin de semana activa en Foz. Desexámoslle moitísima sorte a todos aqueles que nos visitan, aos máis de 80 expositores que temos e que depositaron a súa confianza nesta feira de Foz. Tamén aos organizadores, por suposto a Acia Foz, pero tamén a Conoce Ferias como organizadora do evento, e ás administracións que aquí me acompañan: Deputación, Xunta e Concello de Foz, que fan uns esforzos importantes para que esta feira sexa unha realidade”.
José Carlos Paleo, presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e do Centro Comercial Aberto, recalcou a oportunidade de poñer a Foz como referencia comercial da comarca que ofrece un evento deste tipo: “imos poñer en marcha o que é un punto de referencia comercial na Mariña, dende Foz, e queremos agradecer a todos os expositores que apostaron pola Mariña e ao mesmo tempo falar dende Foz para a Mariña. Esta feira naceu hai tres anos para cumprir diferentes obxectivos. Por unha banda, alargar o verán; por outra banda, dar un apoio comercial aos nosos socios, á xente da Mariña, para que expoñan e que sexan unha referencia comarcal, e vanse cumprindo pouco a pouco os obxectivos”. Agradeceu tamén Paleo a axuda das administracións: “para nós é moi importante a axuda e a colaboración institucional aquí representada, porque entre todos é moito máis fácil traballar e levar a cabo este tipo de eventos. Nese sentido, queremos dar as grazas unha vez máis a todos. Seguiremos traballando e o ano que vén queremos meter unha parte que nos falta, que é a do agro, que expoñan máis compañeiros da Mariña do sector da alimentación, etc. Sabemos que hai conserveiras que xa nos acompañan dende o primeiro ano, expositores que participaron dende o primeiro ano e que están contentos coa representación que teñen aquí na Mariña. Nos seguiremos traballando para potenciar non só Foz senón a Mariña en conxunto, e facémolo con esa visión”.
Na inauguración do evento estivo tamén o xefe territorial de Presidencia da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas, que dixo que “ano tras ano a mostra supérase, cada ano hai máis expositores, máis actividades complementarias, polo que quero felicitar a todos os organizadores polo traballo desenvolvido para organizar esta Feira de Mostras. A Xunta vai seguir colaborando co Concello e coa Acia como o vén facendo nestes últimos anos en todos os proxectos que nos presenten. Felicitamos ao alcalde polo completo programa de actividades que en Foz se organiza durante o verán, que fai desta vila un referente turístico da nosa provincia. Por último, desexamos aos organizadores e expositores que acaden e superen os obxectivos que se marcaron ao organizar e participar nesta mostra”.
A cita contou coa presenza de Elena Candia, a presidenta da Deputación de Lugo, que destacou a importancia do sector comercial de Foz na provincia e mesmo en Galicia: “a institución provincial que represento ten que ter presenza en actividades coma esta. Vou corrixir con cariño ao presidente do Centro Comercial Aberto porque hoxe Foz non fala para a Mariña, fala para a provincia ou case podemos dicir que fala para Galicia. Este concello que sempre foi un referente como destino turístico para moitos españois, hoxe tamén é referente en comercio. O comercio de Foz sen dúbida na Mariña e na provincia é un exemplo de organización, de boa calidade, de bos profesionais na atención para a venda dos produtos”.
Candia tamén animou ás iniciativas que conxuguen a colaboración público-privada: “esta actividade, que une esforzos de iniciativa privada e administración públicas, é un exemplo máis da liña de actividades que se deben desenvolver. Despois de atravesar unha profunda crise económica, na que viñamos acostumados a que moita accións tiñan que ser financiadas integramente polas administracións públicas, tivemos que reinventarnos. Cando traballamos de xeito coordinado, cando as administracións públicas poñen o seu grao de area en iniciativas que nacen de sectores privados, como é o caso desta, co seu traballo e co seu esforzo, sen dúbida teñen moitas máis posibilidades de éxito. A institución provincial só ten un obxectivo, que é colaborar e axudar aos Concellos, fundamentalmente aos pequenos Concellos, pero tamén aos principais sectores da nosa provincia. Ten que apoiar e axudar as iniciativas do pequeno comercio e do mediano comercio, como o que atopamos neste concello”.
Ao acto de inauguración acudiron tamén o secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; o xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo González Asensio, así coma concelleiros da Corporación Municipal de Foz.
Na III Feira de Mostras Multisectorial están presentes sectores coma o automóbil, a gastronomía, a música, a moda, o ocio, a artesanía, as antigüidades, o comercio ou os servizos. Os máis pequenos tamén poden entreterse na zona infantil coa que conta o recinto.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



