Burela, 2 de agosto de 2015.- Como todos os anos, a asociación “Amigos das Excursións” de Burela prepara a súa viaxe anual. Nesta ocasión, durante cinco días visitarán Cuenca, Nerja, Málaga, Torremolinos, Mijas, Ronda, Marbella, Puerto Banús e Fuengirola. A saída terá logar o martes 22 de setembro ás 23:00 horas da Igrexa Parroquial de Burela, para regresar o domingo 27.
O prezo é de 275 euros por persoa, en pensión completa. Para facer a inscrición, para a que hai aínda dispoñibles 10 prazas, pódese chamar antes do día 30 de agosto ós teléfonos 627-367430 ou 982-580067, ambos á atención de Ángel Vigo. O custe inclúe catro noites de hotel, cinco xantares, catro ceas, catro almorzos, o autobús de ida e volta e os guías turísticos de tres medios días. Hai que facer un pago de 25 euros ó reservar, e o custe das entradas de visitas a museos e demáis lugares non vai incluido no mesmo.