“O Burela FS é o meu club, é a miña casa, o equipo que me deu todo” recoñecía a ala-pivote Claudia Rodríguez Teijeiro, inmersa xa na preparación para a que se converterá na súa sétima tempada na súa terra. O presidente, Manuel Blanco, e a directiva Alba Vila arrouparon a xogadora focega na súa renovación oficial, aplaudindo a súa continuidade. “É unha xogadora da casa, unha garantía para o bloque, con compromiso e gran pase entre as súas virtudes” coincidiron en sinalar os dirixentes laranxas.
A cidade das Burgas recibirá este sábado ó Burela FS Pescados Rubén no segundo amigable de pretempada, fronte ao Ourense Envialia (Os Remedios, 17.00 horas): “Imos con moitas ganas de facelo ben, sobre todo de emendar os erros cometidos en Poio e a partir de aí aprender e seguir medrando”, adiantaba a ala-pivote mariñá, que xa ten marcado no calendario con letras vermellas, coma o resto das súas compañeiras, o 6 de setembro: “O primeiro obxectivo é a Supercopa. O grupo está traballando ben e funcionando, con adestramentos intensos e imos coñecéndonos pouco a pouco”.
As sensacións son inmellorables. “Temos un cadro para pelexar por todo. Partimos dun bo bloque, no que cubrimos a carencia de tiro do ano pasado” analizaba Claudia, destacando o bo inicio de pretempada nun vestiario que xa coñece ben: “Algo que temos a favor é que xa coñecemos como traballa o corpo técnico; partimos de cero coma todos os anos, pero este equipo a nivel de xogo xa se coñece; podemos chegar a facer grandes cousas esta tempada” puntualizaba con ilusión a 5 burelista, con afán de superación: “Quero contribuír co equipo o máximo que poida e dar un plus máis que a tempada pasada. Quero conseguilo todo, son a que falta por conseguilo”, facía así referencia Claudia ao ano do histórico dobrete do Burela, tempada na que a xogadora estivo no Valladolid FSF.
A Fonsagrada
Para os xogadores de Daniel Ibañes mañá tamén será o segundo amigable preparatorio, medíndose ao Noia FS na Fonsagrada (18.30 horas).
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
