O penúltimo “Mércores de Natureza” deste verán será un descenso do río Sor en kayaks. O punto de encontro será o porto do vicedo desde onde vehículos da empresa actividades Estaca sairán ás 10.30 horas deste mércores 26 de agosto para desprazar aos participantes ata ribeiras do Sor onde comezará a ruta. Son canoas bipraza insumerxibles coas que se percorrerá unha zona moi fermosa do río como son as ribeiras do Sor, Creximil, o entorno da illa de San Martiño, as pontes sobre o río Sor, o entorno do porto do Barqueiro e o porto do Vicedo onde remata a ruta. O prezo da actividade é de 15 euros/persoa; pero é preciso anotarse no teléfono 982 59 01 95.
Descenso polo Sor en kayaks, no penúltimo ‘Mércores de Natureza’
Descenso polo Sor en kayaks, no penúltimo ‘Mércores de Natureza’
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”