Burela, 18 de agosto de 2015.- A Concellería de Cooperación e Inmigración organiza un curso denominado Esforzo de integración, que se celebrará do 31 de agosto ao 9 de setembro.
Segundo explica a edil Angélica Gómez Sánches “esta actividade ten como obxectivo fundamental axudas ás persoas estranxeiras a conseguir un bo nivel de integración así como avalar as súas peticións de residencia”.
As persoas interesadas en participar e en obter máis información poden dirixirse aos seguintes números de teléfono: 982 58 60 00 ou 982 58 06 09 (Casa do Concello).
O Concello conta coa colaboración da Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Xunta e do Fondo Social Europeo.