O Praias de Barreiros FS inicia a pretempada e confirma o primeiro amigable ante o Prone Lugo FS, da Segunda División da LNFS, o vindeiro sábado 22 de agosto dando o pistoletazo de saída a unha tempada chea de novos desafíos deportivos para os de Andrés López que botan a andar este luns 17 de agosto.
Trátase dun partido con carácter benéfico onde a recadación será destinada á Asociación Pel de Mariposa, Debra España (http://www.pieldemariposa.es). Entidade sen ánimo de lucro que axuda a nenos cunha enfermidade xenética, pouco frecuente e incurable, o seu rasgo máis carácterístico é a extrema fraxilidade da pel, de forma que o máis mínimo roce lles provoca ampollas e feridas. O encontro está organizado pola Rede de Voluntariado Local de Barreiros e conta coa colaboración do Concello ademáis dos dous equipos participantes.
As entradas teñen un precio único de 2€ (tanto para adultos como para nenos) e o encontro está fixado para as 20.00 horas do próximo sábado 22 de agosto no Pavillón Municipal de Barreiros.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
