A armada de atletismo das Escolas Lourenzá-Mondoñedo foi presentada este martes no Municipal de Santa Cruz coa presenza do presidente das Escolas, Pablo Maseda, e o concelleiro de deportes de Lourenzá, Francisco Rivas; así como os adestradores e colaboradores para esta nova temporada que xa pertenceron ao equipo na fructífera temporada pasada: Rubén García e Martín Pardiñas, que se encargarán das disciplinas de carreira e salto, e Ismael Vallines, que se centrará no sector de lanzamentos.
O patrocinio de Maderas Barcia tamén foi renovado este martes para as disciplinas de atletismo e fútbol sala. Despois da firma do convenio, Javier Barcia, representante de Maderas Barcia, estivo presidindo xunto con Pablo Maseda a foto de presentación do equipo de atletismo.
Inscricións 15/16
Todos os alumn@s que o desexen poden incorporarse á sección antes do 23 de setembro. As idades coas que se poden incorporar ás Escolas Deportivsa abarcan dende a categoría benxamín (2008/2007) ata a xuvenil (98/97) pasando por alevíns, infantís e cadetes. A sección reanuda os seus adestramentos o vindeiro martes 18 de agosto ás 19.00 horas; aínda que esta fin de semana xa participan nas Populares de Vegadeo e Foz.
A inscrición poderá formalizarse facendo entrega da ficha nas dependencias municipais do Concello de Lourenzá dende as 09.00 ás 14.00 horas ou vía intranet cumprimentando uns datos a través da páxina www.edlourenza.blogspot.com; igual que para o resto de disciplinas das escolas.