Viveiro, 4 de agosto de 2015.- Pola presente ponse en coñecemento que a execución da obra denominada “Rexeneración do parque ambiental de Parquemar” está suxeita aos prazos da subvención concedida para este fin, motivo polo cal se están executando as obras nestas datas non podendo aprazalas ao estar condicionada a execución para poder xustificar a inversión no prazo establecido que remata en setembro.
A execución da obra é prioritaria aínda cos inconvintes que presenta a súa realización nestes momentos, é unha obra de gran relevancia para esta zona de esparcemento e ocio especialmente para o disfrute dos nenos; está practicamente rematada, xa ten instalados novos e variados xogos adaptados á normativa estando pendente a subministración das farolas adaptadas ás instaladas no entorno e condicionada a súa entrega ao uso público polas malas condicións na que se atopa a zona verde nestes momentos debido á choiva. No día de hoxe deuse comezo á rexeneración do campo con céspede e rego polo que, é importante esperar a que a zona verde se encontre nunha situación óptima para o seu uso.
Rogamos desculpen as molestias ocasionadas, esperando que as melloras coas que vai contar o parque e que van repercutir na mellora da zona compensen os perxuicios xerados durante a execución das obras.