Ribadeo, 4 de agosto de 2015.- O prazo de inscrición no curso de informática para mozos e mozas, que organizan as Concellarías de Mocidade e Novas Tecnoloxías, estará aberto ata o 24 de agosto. As sesións formativas, nas que se ensinará aos alumnos a manexar diversas ferramentas ofimáticas, terán lugar os días 25, 26, 27 e 28 de agosto entre as 10 e as 11 horas na Aula CeMit de Ribadeo.
Vanesa Yanes Rivas, concelleira de Mocidade, explica que “neste curso as mozas e mozos entre os 12 e 16 anos, aprenderán a usar varias ferramentas ofimáticas, como poden ser os editores de textos, presentacións ou editor de imaxe, que lles serán de utilidade durante o curso escolar”.
O curso será impartido polo axente TIC do Concello e as prazas serán limitadas, “pero no caso de superarse o cupo máximo, farase una segunda quenda os mesmos días en horario de 11.00 a 12.00 horas”, engade a edil nacionalista.
Yanes Rivas engadiu que “o Concello se decantou por este tipo de curso porque cremos que será de utilidade para a mocidade tanto nos centros educativos como no seu día a día. Son programas que veñen empregando habitualmente e tentaremos que afonden un pouco máis nas posibilidades que cada un deles lles pode dar”.
As preinscricións faranse nas oficinas da Aula CeMIT e da Biblioteca Municipal ou ben na páxina web aulacemit.ribadeo.org



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



