Na campaña de mobilizacións que está levando adiante o sector lácteo galego, chégalle a vez ao norte da provincia de Lugo.
A cita é en Vilalba, o xoves día 20, onde se vai poñer unha vez máis de manifesto a firme vontade do sector lácteo de defender o seu futuro luitando por un prezo xusto para o leite.
Os gandeiros e gandeiras da Mariña participarán nesta mobilización que dará inicio na explanada da Estación de Autobuses para percorrer as rúas vilalbesas ata o Campo da Feira onde se lerá o manifesto.
Os gandeiros interesados en informarse sobre a tractorada poden contactar con representantes do SLG da Mariña no teléfono 630 970 132.