Foz, 21 de agosto de 2015. O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, respondeu ás declaracións dos socialistas de Foz, que nos pasados días acusaron ao goberno municipal popular de abandonar a escola de música. O rexedor amosouse sorprendido polas críticas do PSOE, que cualificou de demagóxicas, e lembrou que co seu goberno, no anterior mandato municipal, foi cando o centro educativo foi trasladado a unhas mellores instalacións e outro goberno popular foi o que fundou a escola.
“A situación da Escola Municipal de Música de Foz nestes últimos catro anos mellorou substancialmente. Foi este goberno o que, logo de 16 anos de abandono e de estar a Escola metida nun cuchitril onde non había unhas condicións propias para a actividade da escola de Música, inverteu neste cambio a petición do propio director. Se alguén mellorou algo as condicións da Escola de Música foi o Partido Popular. Hai que lembrar tamén un goberno do PP foi o que fundou a Escola de Música de Foz, gobernado naquel momento por Manuel María Neira, sen o apoio do Partido Socialista. Polo tanto, que me diga a min o Partido Socialista o que fixo en 16 anos pola Escola de Música: absolutamente nada; e veñen agora a protestar, cando a Escola de Música está vivindo un bo momento”, respondeu Javier Castiñeira.
O alcalde, que onte mantivo unha reunión cos representantes da asociación de nais e pais dos alumnos, explicou que trala xubilación do director vaise convocar unha praza para substituílo e a partir dese momento planificarase o futuro do centro: “é verdade que está nun momento de transición porque se xubilou o director e hai que sacar unha praza nova. Esa persoa será a que faga a planificación da actividade futura da Escola de Música. A situación laboral dos profesores é exactamente igual que había cando gobernaba o Partido Socialista, exactamente a mesma a situación legal que nos permite hoxe en día a contratación dos profesores da Escola de Música. Polo tanto, tranquilidade absoluta. Onte mostrámoslle a situación aos representantes da ANPA e entendo que comprenden a situación de transición. Unha vez haxa un novo director e unha praza estable, esa persoa será a que organice a estrutura da Escola de Música e a súa actividade”, detallou.
Javier Castiñeira engadiu: “pedímoslle ao PSOE de Foz que deixe de seguir usando os métodos que herdou de Unifoz, que non faga demagoxia e que recoñeza o traballo que se está facendo dende o goberno sen apoio de ninguén. Non imos admitir para nada de críticas que non teñen ningunha razón de ser”, rematou.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



