Burela, 14 de agosto de 2015.- O alcalde, Alfredo Llano, anunciou este venres ó mediodía as obras de mellora que o Concello realizará na praza da Mariña. Darán comezo a vindeira semana e consistirán no pintado e arranxo do quiosco da música, no pintado da fachada da praza de abastos e na colocación de varias fotos antigas neste marco. Deste xeito o Concello pretende convertela nunha referencia para acoller diferentes tipos de eventos.
Llano dixo que “queremos arranxar a praza da Mariña, que ata agora eu penso que estivo bastante abandonada; só hai que ver o quiosco da música, que está tremendamente abandonado, sobre todo na parte de arriba, no paraugas, polo que queremos modificalo”.
O rexedor declarou que “a praza da Mariña vamos preparala para que sexa moi atractiva á vista, que sexa cómoda para estar nela con todo o que hai alí. Ademais na antiga praza de abastos vamos procurar facer unha pintura moi apropiada para un pobo mariñeiro como é o noso, unha obra na que o mar ten que estar presente cuns motivos que lembren, identifiquen e reflictan o que é o noso concello. Para iso temos agora mesmo un obradoiro de pintura, que vai estar durante seis meses traballando para facer prácticas, e o queremos é que esa xente teña a oportunidade de manifestar a súa forma de facer as cousas. Dende logo que será un bo recordo dese obradoiro e vamos procurar que esa pintura sexa un reflexo bonito e agradable, que mellore moitísimo a vistosidade desa praza”.
As obras darán comezo a vindeira semana: “vaise comezar a facer esas pinturas para a semana que vén, pero tamén queremos arranxar o quiosco da música, cubrilo, poñelo ben e pintalo. E despois vamos completar a praza coa instalación de fotos antigas de mariñeiros de Burela, que xa foron expostas no anterior mandato no que estivemos nosoutros. Vamos lembrar moitos acontecementos, moita historia de Burela grazas a esas fotos que reflicten e identifican como se facían aquí as cousas. Imos tratar de lucilas en varios sitios da praza da Mariña para que no seu conxunto ese espazo público sexa moi agradable e dea valor ao noso concello”. E engadiu que “a partir da semana que vén vaise empezar con esas obras e contamos para finais de mes, de cara á celebración da Feira do Libro, que esa praza se atope nunhas condicións que a fagan moi agradable, moi vistosa e que sexa moi importante para o noso concello”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



