Burela, 4 de agosto de 2015.- A edil delegada de Economía e Facenda en Burela, Patricia Otero, explicou este martes que o Concello paga as facturas aos seus provedores nun prazo de 28,15 días. Con esta aclaración a concelleira respondeu á “información terxiversada enviada os medios de comunicación por parte do grupo municipal popular de Burela, referente ós prazos nos pagos ós provedores”.
“Queremos facer as seguintes puntualizacións, baseándonos en datos obxectivos, publicados e comunicados ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, en cumprimento da Lei 15/2010, de 5 de Xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de Decembro , pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais: en primeiro lugar, o período medio de pago global a provedores no segundo trimestre do exercicio de 2015 foi de 28,15 días; prazo este, que como sabe o grupo municipal do PP, está por debaixo do período de 30 días que marca a lei. Non obstante, dito prazo de pago a provedores no primeiro trimestre do ano corrente ascendeu a 30,48 días. Polo tanto, é totalmente falsa a afirmación realizada polo PP, que literalmente dicía alertamos de que comeza a haber retrasos nos pagos a provedores con respecto a hai tres ou catro meses”, engadiu Patricia Otero.
Ademais a concelleira de Economía e Facenda recórdalle ó PP que “dita información contable foi incluída como dación de conta na orde do día do pleno ordinario da corporación municipal, na sesión celebrada en data 30 de xullo de 2015. Por certo, un pleno perdido, segundo as conclusións publicadas polo grupo popular. Ó mellor teño que darlles a razón de que foi un pleno perdido para os concelleiros populares, xa que non foron nin sequera capaces de ler a información subministrada, e digo ler xa que aquí non cabe ningún tipo de interpretación pois estamos a falar de datos numéricos obxectivos”.
Otero tamén aclarou que “cando tomamos posesión atopámonos cunha cantidade de facturas (herdadas do anterior equipo de goberno), moitas das cales non sabíamos a que servizos, subministros ou obras se referían; e nalgúns casos era moi difícil que o chegáramos a saber porque simplemente ditos contratos non existían, como é o caso, entre outros, dun acordo verbal pola prestación de servizos deportivos ou noutros casos por tratarse de contratos que prescinden dos procedementos legalmente establecidos, como é o caso dun contrato vixente durante o primeiro semestre de 2015, pero para cal o crédito xa se esgotara en decembro de 2014 (barco museo). Por elo temos unha gran labor por diante para intentar regularizar estes contratos de subministros e servizos, que ou ben non existían ou ben adoecen de importantes defectos”.
Por todo o anteriormente exposto a edil de Economía solicita ao grupo municipal popular de Burela “maior seriedade e rigorosidade cas afirmacións que fai, xa que hai datos obxectivos que contradín a súa versión dos feitos, datos oficiais comunicados e rexistrados no Ministerio de Facenda e Administración Públicas. Polo tanto, datos certos e obxectivos”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



