San Cibrao, 4 de agosto de 2015.- O CSI-F aclara que non foi unha avaría imprevista senón unha suceso que xa entraba dentro da provable posto que os dous transformadores que agora se sobrequecer (TRG-1 e TRG-3), xa foran reparados hai uns anos. A maiores nos ultimos anos, estábaselles forzando aumentado case un 22% a intensidade inicial da corrente, o que á súa vez permitiu aumentar a produción de aluminio que tan bos beneficios deu á planta estes últimos anos, pero pola contra, a alta dirección de ALCOA non permitia o investimento en renovar os transformadores como resposta a ese aumento de intensidade como xa solicitaban dende hai uns anos os técnicos da planta. Nos próximo meses e en tanto chegue o transformador novo, teremos que cruzar os dedos para que estes dous avariados que se vai intentar conectar entre se e que realizan o traballo como un só, aguanten sen quentarse, e se isto non resulta, encontrariámonos que se terían que parar a metade das cubas en funcionamento coa conseguinte perdida destas.
A cuestión é; que agora se fala de que poden mandar temporalmente a xente ao paro a cargo do ESTADO e se como sospeitamos, mesmo é posible que a empresa teñan un seguro que lles cubra a perdida de produción por sucesos imprevistos, se isto é así, a cousa poderíalle saír redonda á empresa. É a única explicacion a este abandono en canto a negarse a investir e repoñer maquinaria xa moi gastada despois de 37 anos de funcionamento.
O próximo venres día 7 espérase unha importante visita, pero non é outra mais como esta sucedendo este ano, agora se esta empregando moito diñeiro e persoal en dar unha maquillaxe de limpeza como nunca se vira nesta fábrica, mesmo se pintan os farois e fachada de entrada. Para o CSI-F isto podería ser a confirmación de que ALCOA ten en venda as tras fabricas que lle quedan en España e estas visitas son os posibles compradores. A multinacional que no pasado nadal comprou a planta de perfil de Bilbao díxolle ao comité que estaba interesada en comprar a planta de aluminio de Avilés. Na prensa de Asturias xa se publico que a multinacional puxera en venda os seus fabricas de aluminio, isto é Coruña, San Cibrao e Avilés.