Cervo, 1 de agosto de 2015.- Durante o pleno ordinario celebrado na tarde deste venres o equipo de goberno do Partido Popular aprobou en solitario un suplemento de crédito de 315.000 euros e unha transferencia de crédito de 35.000 que afectará directamente aos orzamentos previstos para este ano 2015.
O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Francisco U. Mon, pide que o alcalde, Alfonso Villares, “dé explicacións claras e detalladas de por qué e para qué fin aprobaron este incremento de ata un 6% nos gastos dos presupostos vixentes xa que os argumentos facilitados na tarde de onte foron vagos, xenéricos e non concisos”.
Ante a falta de argumentos do señor Villares, os socialistas recordaron aos membros do goberno que “cando aprobaron os orzamentos vangloriábanse de ter cumplido a Lei e lograr unhas contas equilibradas, prudentes e realistas. Parece que agora non teñen ningunha desas características e máis ben eran unha farsa para todos os veciños de Cervo, menos mal que contan cun remanente froito da súa inactividade total e non da boa xestión da que presumen. Só faltaría que tivesemos que recurrir a unha operación de crédito para sufragar este aumento de gastos”.
Xestión desastrosa e improvisada
Para os membros do GMS, esta maneira de actuar pon de manifesto “a xestión desastrosa que leva adiante o Partido Popular no noso Concello. Só nos quedaba reprobar esta forma “chapuceira” de traballar que responde a unha falta de previsión total e absoluta das necesidades municipais. Parece que se dan conta a estas alturas do ano que unha das partidas prioritarias dos orzamentos debera ser destinada ao fomento de emprego, tal e como demandamos nós no debate presupostario xa que a denotábamos escasa e insuficiente”.
Os socialistas insistiron en que “necesitamos e os veciños teñen dereito a que se nos explique por qué e en qué se gastaron os cartos públicos destinados ás partidas que agora teñen que aumentar. Non lles chega con aprobar un suplemento de gastos se non que aínda por riba fan unha transferencia de crédito de ata 35.000 euros para a partida de gastos diversos, caixón de sastre e cartos que quedarán a libre albedrio para o pago de non se sabe qué nin a quen”.
Tralo voto en contra de ambas maniobras, dende o GMS esperan contar urxentemente con estas explicacións para “non seguir percibindo un cheiro un tanto sospeitoso de que este diñeiro poido ter sido gastado e empregado para pagar prebendas e financiar encubertamente ao PP nas pasadas eleccións municipais”.
Finalizaron destacando que “ésta é a forma que ten o PP de Cervo de traballar, forma retorcida e improvisada de xestionar o Concello e de xogar cos veciños á que nos ten acostumados nos últimos anos”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



