O conxunto barreirense anuncia a fichaxe de Carlos Fernández Domínguez (Xove, 19-10-1998). Natural de Xove, Carlos formouse como porteiro nas categorías inferiores da ACD Xove ata que na pasada tempada se converteu nun dos porteiros do primeiro equipo do Xove FS que se proclamou campión da Terceira División de fútbol sala.
Ahora, aínda en idade xuvenil, Carlos terá a oportunidade de competir na Liga Autonómica co cadro barreirense.
Manuel Fuente, vicepresidente de honor do Praias de Barreiros, foi o encargado de presentar a Carlos.
Ayala, renova por unha tempada
Miguel Angel Vizoso Alvare “Ayala” renova o seu compromiso co cadro barreirense e seguirá defendendo a camisola do Praias de Barreiros F.S. unha tempada máis.
David Becerra causa baixa no Praias de Barreiros F.S.
O conxunto barreirense aceptou a petición de baixa do xoven xogador barreirense que, como xuvenil de primeiro ano, buscará competir en dita categoría na próxima tempada.
Dende o Praias de Barreiros queren desexarlle a maior das sortes na súa carreira deportiva ó mesmo tempo que lle agradecen o seu traballo e saber estar ó longo da pasada tempada. As portas do conxunto barreirense quedan abertas para David.