Todas as persoas temos unha opinión sobre o que nos rodea, sobre como é ou debese ser, ou nos gustaría que fosen as cousas?
O don da palabra, falada ou escrita, como instrumento de comunicación é un atributo do ser human moi valorado en todas as culturas e relixións, ata chegou a utilizarse como proba patente da creación divina do ser humano por medio dos chamados libros sagrados.
Coa voz e coa palabra pódese trasladar a outros o que nos ocorre por dentro, como estamos, que pensamos ou queremos. As nosas expresións poden ser afirmativas ou negativas, clarificadoras ou enredosas, conter verdades ou mentiras, poden comunicar rabia, queixas, felicidade ou calquera forma que poida adoptar o noso estado de ánimo.
Unha das variedades da transmisión oral é a opinión. Todas as persoas temos unha opinión sobre o que nos rodea, sobre como é ou debese ser, ou nos gustaría que fose. Opinamos continuamente sen querer ou querendo, sen darnos conta estamos manifestando noso parecer sobre nosa propia vida e o mundo circundante.
O valor da opinión non só depende do tema que sexa obxecto senón tamén da persoa que a emite. Hai opinantes ilustres que argumentan, convencen ou cativan. Hainos desastrosos que logo de moitas liñas e un malgaste absurdo e mal conformado de palabras non conseguen nin a medias dicir o que querían ou acaban dicindo o que non querían dicir. Entre un e outro extremo e en diversos grados atopámosnos/atopámonos todos os demais.
A opinión é pola súa propia definición subjetiva, porque enuncia un pensamento interno máis ou menos elaborado e ademais está sometida a factores de pura vivencia persoal, por iso cada un conta a feira como lle vai nela. Opinamos sobre temas de sociedade, de política e políticos. Todo o que nos rodea é opinable.
Otero Regal.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



