Un grupo de nenos e nenas de Barreiros participaron este mércores no pavillón municipal na actividade ‘Pónlle as pilas ao teu bocata’, organizada polo Concello en colaboración coa Consellería de Medio Rural e do Mar, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Consellería de Sanidade e Anfaco-Cecopesca. “O obxectivo pasou por poñer en valor as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar, o seu valor como fonte de enerxía, unha enerxía asociada á forza, vitalidade e crecemento”, segundo explican desde o Concello barreirense. Os nenos e nenas coñeceron todas as posibilidades que ofrecen as conservas tanto no ámbito alimenticio, como no didáctico e lúdico. Os rapaces gozaron de actividades informativas, xogos e, sobre todo, a realización e degusttación de bocatas.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



