Este luns 10 de agosto realizouse a primeira reunión do campamento “Móvete con nós a Mondoñedo”, que organiza o Club Estudantes e o Concello de Mondoñedo. Xente do club achegouse a Mondoñedo para tomar contacto cos monitores e, ao mesmo tempo, para dar un empuxón ás inscricións tanto na nosa localidade coma en localidades dos arredores. O campamento desenvolverase do 24 ao 28 de agosto en horario de 09.00 a 14.00 horas con actividades deportivas, manualidades, piscina, xincanas, baile, etc. Os interesados poden recoller fichas nas piscinas ou no Concello de Mondoñedo ou ben inscribirse na web do Estudantes de Lugo. O prezo será de 25 euros alumno. Máis información no teléfono 605 790 091.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



