Cervo, 21 de agosto de 2015. As instalacións municipais do complexo deportivo de A Veiga, en San Cibrao, acollen a pretempada do equipo de Primeira División Nacional de balonmán masculino do club Cronistar Oviedo. Os seus compoñentes foron recibidos polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto.
O edil delegado de Deportes explicou que “San Ciprián acolle estes días balonmán de elite, xa que o club Cronistar Oviedo Balonmano masculino é un referente na capital do Principado de Asturias, pois milita na 1ª División Nacional, sendo esta xa a súa segunda tempada nesta categoría. O equipo carballón, que nesta campaña conta co experimentado Falo Méndez como adestrador, elixiu a localidade de San Ciprián grazas á boa acollida que se lles brindou dende o Concello, destacando tanto a calidade das instalacións deportivas como o entorno e a marabillosa paisaxe que, sen lugar a dúbidas, lles permitirá pasar uns días agradables. Falo Méndez, como responsable del equipo, no seu primeiro día de traballo na nosa localidade, quixo deixar patente o seu beneplácito para poder continuar en próximos anos facendo aquí a pretempada, non só do primeiro equipo senón que lle gustaría poder traer tamén ás categorías inferiores”.
O alcalde e o concelleiro de Deportes de Cervo queren agradecer a esta entidade deportiva asturiana “o feito de elixir este concello para a súa pretempada, xa que ademais de poder gozar de deporte de elite durante a súa estancia, é unha forma de promover non só a nosa localidade senón A Mariña en xeral. Ademais hai que lembrar que San Ciprián tivo un importante equipo de balonmán que durante os anos 90 estivo na elite provincial, co cal a presenza deste equipo pode ser unha forma de atraer a aqueles mozos que estean interesados en practicar este deporte ou polo menos achegarse ás instalacións da Veiga para ver os adestramentos e a preparación do equipo. Os horarios de adestramento son de 11:00 a 13:00 horas e de 18.00 a 20.00 horas, a excepción del domingo, que só adestrarán pola mañá”.