Cervo, 2 de agosto de 2015.- Un grupo de veciñas e veciños do concello de Cervo promoven unha recollida de sinaturas con fin de reclamar do concello de Cervo que se habilite unha praia do municipio coas características necesarias que permita o seu uso polos seus cans, ademais piden que o concello dispoña dun espazo con papeleiras para o depósito de residuos orgánicos e zonas amplas e ben delimitadas onde poidamos gozar xunto coas mascotas e estas poidan correr, xogar, socializarse… sen molestar a quen non lle gusten os animais.
Xustifican a necesidade destas instalacións “porque cada vez son mais as persoas que teñen mascotas, fundamentalmente caninas, e teñen dereito a poder facer uso da natureza sen prohibicións que especialmente en tempada de verán, impide o uso das praias do municipio polos cans”
Diego Fernández, un dos promotores da iniciativa, expón que “a proposta ten como principais beneficiarios á veciñanza do concello e da comarca porque non existen instalacións destas características na Mariña, mais tamén servirá como atractivo turístico a moita xente que viaxa coas súas mascotas e buscan lugares con servizos para elas”.
Desde fai unha semana quen promove a iniciativa cunha recollida en papel que xa ten mais de 300 apoios e preto de 300 na plataforma change.org varias persoas e establecementos de Cervo, Burela e Foz dispoñen de folios para a recollida das sinaturas. Diego Fernández informa que de momento non teñen definido un período de tempo nin obxectivos para rematar o traballo de recollida de apoios mais vendo a boa acollida cren que non será moi longo polo que piden á xente interesada que se sume canto antes á proposta. Agradece a colaboración de todos os establecementos colaboradores e persoas que se sumaron á iniciativa.
Este domingo 2 de agosto ás oito da tarde na Praza dos Campos de San Cibrao está prevista a presentación pública da iniciativa á que acudirán persoas coas súas mascotas, polo que fai un chamamento a asistir a todas aquelas persoas que queiran sumarse que acudan á cita.
Para mais información chamar a Diego Fernández no número 658679594.
Establecementos onde se pode asinar
En Cervo A Pousada do Almacén,
En San Cibrao a Farmacia Vizoso, Librería Minerva, Bar O Pulgas, O Pedregal, Cafetería do CIT, Bar Camarote, Bar Telvi, Lusco Fusco, Pub Panadeiras .
En Burela en Fauna e Clínica A Marosa.
En Foz en pastelería Anduriña, Clínica Veterinaria Foz, Tintorería O Batán e ximnasio de Foz.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



