Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2015-. A Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego, continúa cos trámites e será obxecto de debate no plano do Parlamento do 29 de setembro.
Para expor as motivación e obxectivos desta Iniciativa Lexislativa, unha representación da Comisión Promotora manterá esta sexta feira (venres) 25 de setembro, reunións con todos os grupos parlamentares, comezando ás 11h co GP do BNG, ás 12h co GP de AGE, ás 12.30 co PP, ás 13h co PSOE, para rematar co Grupo Mixto ás 13.30.
A ILP demanda o “acceso público e aberto a través da rede de Internet a toda a súa obra dixitalizada para coñecemento e uso de todo o pobo galego” das case 4.000 obras da súa autoría. Desde a súa presentación pública, desde Galiza Cultura e as outras entidades promotoras desenvolvéronse actos por todo o país para buscar apoios e difundir o contido da ILP e, alén diso, a propia obra e figura de Castelao.
Tras esta intensa campaña de divulgación xuntaronse máis de 11.000 sinaturas que permiten o debate da proposta polo Parlamento Galego.