A VI Carreira Popular Val das Fabas será presentada este venres 25 de setembro no campo de fútbol de Sta. Cruz. en Lourenzá ás 19.00 horas coa presenza de:
– D. Manuel Arango Ron (primeiro tenente de Alcalde do Concello de Lourenzá)
– D. Manuel Otero Méndez (Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia)
– D. Francisco Dasilva (Concelleiro de Deportes)
– D. Pablo Maseda (Presidente das E.d. Lourenzá)
– Os atletas das Escolas Deportivas
– E os responsables das empresas colaboradoras: Neli, Maderas Barcia, Josbi, Pastelería Cabaleiros, Frutas Hnos. Rivas, Aliprox……
CARREIRA POPULAR VAL DAS FABAS
A carreira celebrarase o vindeiro sábado 3 de outubro, enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá, ás 16.30 horas para categorías menores e ás 17.30 horas para cadetes, juniors e séniors (cuns percorridos de 7 e 14 quilómetros).
Será tamén a terceira edición que se corra con cronometraxe oficial de Championchip e, ademais, teremos un saqueto de fabas para todos os vencedores das diferentes categorías de adultos, trofeos inéditos ós campións, ademáis de trofeos ós 3 primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores e un regalo dunha camiseta técnica especial para corredores para os adultos. A proba contará tamén con avituallamento líquido e sólido á metade e final do percorrido, cronómetro xigante en meta, seguro individual de accidentes, dorsal con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados persoais ó chegar á meta, ambulancia, vallas e senalización do circuito cada 500 metros…
Categorías:
PITUFOS MASCULINO / FEMININO: 150 MTS.
PREBENXAMÍN MASCULINO / FEMININO: 150 MTS.
BENXAMÍN MASCULINO / FEMININO 400 MTS.
ALEVÍN MASCULINO / FEMININO 700 MTS.
INFANTIL MASCULINO / FEMININO: 1400 MTS.
CADETE MASCULINO / FEMININO: 7000 MTS.
XUVENIl/PROMESA MASCULINO / FEMININO: 7000 MTS.
ABSOLUTO MASCULINO / FEMININO: 7000 MTS.
VETERANO A, B, C, D – MASCULINO / FEMININO:7000 MTS.
O martes 29 de setembro péchase o prazo de inscrición a través de championchipnorte.com.






















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
