Logo de colaborar e participar nas actividades organizadas con motivo da Semana Europea da mobilidade no Excmo. Concello de Burela onde os usuarios aprenderon nocións de seguridade vial e coidado do medio ambiente no circuito de karts, 6 usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental viaxan a Hío (esta vez en furgoneta, pero facendo uso dos coñecementos adquiridos).
Esta viaxe encádrase dentro do Programa de respiro familiar que se desenvolve en colaboración con Feafes Galicia e permitirá, entre o 24 e o 27 de setembro, visitar lugares como Sanxenxo e Portugal.
Os usuarios participantes compartirán catro días onde cada un aportará o seu gran de area para unha boa convivencia e o maior disfrute posible de cada actividade e tempo compartido, ademáis de traballar conxuntamente as habilidades da vida diaria ( facer a compra, cociñar, …).
Os participantes acaban de saír cargados de ilusión e ganas de pasalo moi ben e coa despedida agarimosa dos seus compañeiros e a Directora Técnica Xeral, María José Nóvoa. Todo apunta a que será unha gran viaxe e que voltarán con gana de repetir.