16 de setembro de 2015.- A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo (OPP-07-LUGO), está presente activamente durante os días 16 e 17 de Setembro en diversas reunións mantidas no ámbito dos Consellos Consultivos de Longa Distancia e o de Augas do Noroeste.
Así, o Secretario Técnico, José Manuel Fernández Beltrán, participa este mércores día 16 de Setembro e este xoves 17, nas reunións da Asemblea Xeral e o Grupo de Enfoque sobre a Obrigación de Desembarque do Consello Consultivo de Augas do Noroeste que se celebran en Dublín (sede deste CC). Como é coñecido este Consello Consultivo é o que incumbe ás Augas Comunitarias das zonas VI e VII do CIEM (Gran Sol, Escocia…)
Pola súa banda a Xerente, Mercedes Rodríguez Moreda, está a participar na Conferencia Internacional sobre a dimensión exterior da PPC e a colaboración entre a UE e África, organizada polo Consello Consultivo de Longa Distancia, e que se celebra en Las Palmas de Gran Canaria os días 16 e 17 de Setembro. En concreto no día de hoxe participou como Relator dentro do Panel de Expertos, expoñendo a problemática da frota palangreira de superficie no tocante aos Acordos de Pesca cos países africanos. Asisten a esta conferencia internacional representantes da Comisión Europea, do Parlamento Europeo e das Administracións español, central e autonómicas, así como representantes de distintos países de África Occidental, de ORP como ICCAT e por suposto, membros de asociacións pesqueiras de toda Europa así como representantes das ONG.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



