Mondoñedo, 15 de setembro de 2015.- O edil de deportes, Manuel Tapia, informou este martes que a piscina municipal mindoniense salda a temporada de verán en positivo tras pechar as súas portas cun ingreso de 5.212.50 euros.
Tapia explicou que partindo duns gastos iniciais, que oscilaron entre os 8.000 euros, entre persoal e suministros, e cunha subvención para a contratación dun socorrista, leváronse a cabo diferentes actividades para facer máis participativo o uso das piscinas.
O popular manifestou que durante o verán celebráronse nestas instalacións varias actividades para fomentar o seu uso e citou os cursos de natación, distribuídos en cinco grupos para dar maior cobertura e eficiencia ao curso, e os torneos de waterpolo.
O edil de deportes mindoniense tamén resaltou que nas instalacións exteriores celebráronse torneos de fútbol-sala, baloncesto, partidos amigables con equipos dos Concellos limítrofes de Abadín e Lourenzá coa intención de achegar máis usuarios á piscina.
Tapia explicou que a única incidencia foi o peche das piscinas dous días antes, debido a un problema de falta de tempo para realizar unha hipercloración, e polo demais agradeceu ao persoal e aos voluntarios o traballo desenvolvido e convidou aos usuarios a repetir e acudir ás piscinas mindonienses os vindeiros veráns para desfrutar e combinar deporte con ocio.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



