11 de setembro de 2015.- Na mañá deste 11 de setembro foi anunciada en roda de prensa a reactivación da Plataforma Galiza con Catalunya, constituída hai un ano por organizacións do ámbito social, político, sindical e cultural galego co obxectivo de apoiar a consulta democrática do pasado 9 de novembro. A reactivación ten como obxectivo mobilizar a solidariedade galega co proceso independentista catalán, motivo polo que as organizacións que fan parte dela organizarán unha serie de actividades como murais, palestras e actos simbólicos nas vindeiras dúas semanas.
A Plataforma fixo tamén público un “II Manifesto Galego de Solidariedade con Catalunya”, disponíbel online (galizaconcatalunya.blogspot.com) e ao que animan a unirse a outras organizacións, asociacións e colectivos do país.
Fan parte da Plataforma Galiza con Catalunya as seguintes organizacións, que aparecen como asinantes iniciais á espera de novas incorporacións:
Agir
Agora Galiza
Bloque Nacionalista Galego
Briga
Causa Galiza
Colectivo Nacionalista de Marín
Confederación Intersindical Galega
Isca!
Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
Movemento Galego ao Socialismo
Partido Comunista do Povo Galego