Burela, 11 de setembro de 2015.- O servizo de Protección Civil de Burela conta con novas ferramentas logo de que os seus membros recolleran o pasado mércores un remolque, un xerador de electricidade e unha bomba achicadora, entre outros materiais, doados pola Xunta. Así o explicou o alcalde, Alfredo Llano, que asegura que deste xeito o servizo que se pode ofrecer dende Burela é máis completo.
O rexedor dixo que “este remolque e este materia que acabamos de recibir vainos servir para completar perfectamente o servizo de Protección Civil que estamos ofrecendo no Concello. Está extraordinariamente ben dotado porque trae moita ferramenta que nos vai facer falta en caso de que haxa necesidade de empregala, esperamos que non sexan moitas as ocasións, pero en caso de urxencia é bo ter estes materiais que se nos doa por parte da Xunta e que a partir de xa podemos ofrecer.
Llano dixo que “entre outras cousas se atopan, e a min pareceume moi interesante, un xerador de electricidade trifásico, que vai permitir coller enerxía de onde se precise nun momento de ausencia, como tamén unha bomba achicadora de auga que tamén é moi necesaria e que xa nos viña facendo falta e é moi interesante tela. E hai tamén unha serie de material complementario, como serras, faros, que completar perfectamente o que se precisa para ofrecer un bo servizo cando é necesario empregar Protección Civil. Por tanto, é boa cousa e interesante que o Concello se vaia facendo con material de calidade e que cando se precise estea aí e que responda, porque así compleméntase e dálle valor ao noso servizo de Protección Civil”.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



