Mario Pillado.- Xeralmente acostumo a darlle tempo os feitos para reflexionar e crearme unha opinión. Por iso unha vez pasados uns días dende que as guerreiras laranxas trouxeran de Madrid a Supercopa e unha vez dadas as felicitacións oportunas, tanto como afeccionado como en calidade de concelleiro, gustaríame entrar a valorar o acadado.
Por sorte non é a primeira vez que o CD Burela FS acada un título a nivel estatal, pero dende unha vila coma Burela non debemos acostumarnos ó éxito posto que é sabido que a nosa loita deportiva é en clara desvantaxe fronte a outros clubs. Máis ben debemos acostumarnos ó traballo e á perseveranza, para seguir a competir ó máis alto nivel nos ámbitos feminino e masculino, porque esa é a nosa maior grandeza, a de ter convertido a igualdade de xéneros en realidade no eido deportivo da nosa vila. Os mais meniños ven a un ídolo tanto en Matamoros coma en Peque, ven un gran capitán tanto en Edu coma en Maite, algo que non acontece en ningunha outra vila nin cidade.
E se este é un trunfo da igualdade agardemos que mais cedo que tarde veñan trunfos da base, posto que con xa tres canteiráns no cadro masculino e coa expectativa dun equipo filial feminino, semella que non se fala dun mero espellismo. A base humaniza o deporte de elite e achega o club á xente da rúa, fai que nenos, pais e profesionais podan intercambiar opinión sobre os éxitos e os fracasos, fai que, por exemplo, A SUPERCOPA SEXA DE TODOS.
Sí de todos. Tanto das que meteron os goles como das que non puideron participar na final; tanto dos que estaban alí en Madrid coma dos que estaban cun ollo no cancha e outro na tele do bar vendo o final do encontro. A Supercopa é do parqué de Vista Alegre, da pista azul inferior e da pista de cemento que hai debaixo de todo ese conglomerado, na que fai moitos anos afeccionados e nenos rabuñabámolos nosos xeonllos e dignificábamos por vez primeira o deporte do Fútbol Sala. A Supercopa é do Porto, do Hospital, do Parque, das Catedrais, da ponte da Misericordia, dos Remedios, da Festa Castrexa e das Galipizzas. É de Lucas, de Pablete, de María, de Alberto; pero tamén de Salomé, de Uxía, de Isabel a do pavillón e de Ródenas. É da Pataca, pero tamén de Palentina e de Maketos, así coma dos rapaces da escola que aprenden a bater un bombo en cada partido.
Isto é o que penso como afeccionado, mais coma concelleiro non teño un parecer moi diferente, posto que si a Supercopa é de Alfredo Llano, tamén é de Antón Veiga, cun inmenso traballo dende a vicepresidencia da Deputación de Lugo ou incluso de González Barcia. Pero sobre todo, a Supercopa tamén é de Neves Cando, que foi quen apostou dende o principio pola igualdade neste club e nesta vila, quen sempre xestionou pensando por e para o deporte e a igualdade e quen aportou solucións cando se sucederon problemas.
En definitiva, a Supercopa é de todos, porque dende Burela, dende A Mariña dende Galiza somos potencia no estado, pero sempre todos xuntos. Imos Burela!!!!!!!!!
Mario Pillado Mon
Voceiro BNG Burela




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



