Foz, 25 de setembro de 2015.- A parroquia de Cangas de Foz conta cun novo parque infantil, instalado na zona do centro social, e foi mellorado o alumeado na área recreativa do Castro. Estas actuacións, executadas polo Concello cunha subvención da Xunta de Galicia, foron visitadas este venres polo alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o concelleiro de Obras, Pedro Fernández Manín, e a edil de Medio Ambiente, Maite López Rego.
O rexedor municipal explicou: “vimos de recibir da empresa contratista as dúas obras que se fixeron en base a unha subvención de mellora de infraestruturas e equipamentos municipais na parroquia de Cangas, exactamente na zona do Centro Social, ao lado do pavillón. É a zona máis usada polos veciños da parroquia, que é unha das máis poboadas do noso concello. Unha das obras é un parque infantil instalado xusto diante do pavillón municipal, que foi moi demandado pola asociación de veciños. Por outro lado, fíxose a mellora do alumeado público que había na área recreativa, que tiña xa moitas dificultades de mantemento e realmente non daba o servizo necesario. Tamén se cambiaron os báculos das farolas e por fin puidemos facer un alumeado como se merecen os veciños de Cangas”.
Javier Castiñeira engadiu: “estamos contentos de recibir estas obras, de cerca de 40.000 euros, e agradecemos a axuda da Consellería de Industria, que financiou estas dúas infraestruturas. E tamén lles damos os parabéns aos veciños de Cangas, que estrean este parque infantil e o novo alumeado da area recreativa do Castro”, sinalou o alcalde.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



