1.- Candia é incapaz de completar ningún dos proxectos de futuro do Goberno progresista na Deputación de Lugo. Agora trátase da nova sede da UNED na capital lucense, cuxas características a converterán no centro referencial da Universidade Nacional de Educación a Distancia no noroeste de España. Pero antes foi o 1º Centro de Recría de gando vacún público en España; a rede pública de residencias e centros de día nos Concellos; o Ben Empregado ou o Pacto Provincial polo Emprego, entre outros. Candia pon escusas en todos estes proxectos ante a súa incapacidade, xa non para poñelos en marcha, senón tan só para rematalos. Non foi quen de facer nada durante estes 3 meses. Unha vez máis, Candia demostra que nin ela nin o seu equipo están á altura de gobernar unha institución como a Deputación de Lugo.
2.- Candia estivo na mesa de contratación das obras. O PP pon en dúbida agora o proceso de adxudicación das obras da nova sede da UNED cando a propia Elena Candia participou da mesa de contratación destas actuacións.
3.- A propia UNED redactou o anteproxecto. A Universidade Nacional de Educación a Distancia elaborou o anteproxecto da nova sede da UNED na capital luguesa valorado en preto de 1 millón de euros. Sen embargo, as obrigas legais en termos medioambientais, de hixiene ou accesibilidade que deben cumprir estas instalacións, así como o propio estado no que se atopaban os tres bloques do antigo Hotel Miño, supuxeron o incremento destas actuacións ata superar os 2 millóns de euros. Todo isto non se contemplaba no anteproxecto da Universidade e era imprescindible incluílo para, por unha banda, cumprir coa lei e, por outra, para que estas instalacións tivesen as características solicitada pola UNED.
3.- As obras contan con todos os informe técnicos favorables dos diferentes departamentos provinciais da Deputación de Lugo e axústanse rigorosamente á Lei. Candia pon de manifesto, unha vez máis, a súa total desconfianza na labor dos traballadores do organismo provincial. Candia ten toda a documentación a súa disposición para esclarecer calquera tivo de dúbida ao respecto.
4.- Candia conta con orzamento para rematar este proxecto. Déixese de escusas. Despois de 3 meses nos que non moveu nin un só papel, tal e como queda de manifesto ao corroborar que non avanzou nin un só ápice nas obras de construción da nova sede da UNED dende que é Presidenta, o Grupo Provincial Socialista esíxelle que faga algo e remate estes traballos. Só ten que concluílos, posto que o Goberno progresista xa lle deixou o proxecto, o orzamento necesario e ata débeda cero.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



