Unha vez mais o éxito chegou en feminino. Algún día a historia do deporte terá que escribirse en feminino, algo ao que aquí na Mariña xa nos teñen felizmente acostumados as mulleres do Burela FS-Pescados Rubén, felizmente para a afección pero con inmenso traballo e sacrificio por parte delas, porque con traballo e sacrificio conseguiron o que ningún equipo na provincia fora capaz de acadar: gañar Liga, Copa e Supercopa na máxima categoría estatal. E tamén nos enchen de ledicia cando as escoitamos falar, con humildade, pero moi seguras de si mesmas, sabendo do que falan, desde logo que no polo oposto á verborrea estéril e friki dos deportistas chamados de elite só porque asinan contratos millonarios coas multinacionais do deporte.
E todo isto conseguírono desde Burela e desde A Mariña, desde unha vila e unha comarca pequenas onde se aprende a conxugar o verbo traballar nada mais nacer, ratificando aquel dito de que os grandes logros sempre nacen en sitios pequenos.
Partiron da Mariña para Madrid polas mesmas estradas de trinta anos atrás e por unha autovía que funciona a tempo parcial, polo mesmo camiño que a duras penas percorren todos os días o noso peixe, o noso leite, a nosa madeira… na mesma semana en que os tractores ocupaban vilas e cidades para non ter que tirar o leite. E chegaron a Madrid e foron decisivas, falando alto e claro como elas saben facer na cancha: metendo catro goles coma catro soles. E voltaron ledas para seguir na súa loita diaria cos seus estudos, os seus traballos, os seus adestramentos… para seguir medrando, e medrando nós tamén con elas.
Nesta sociedade que según din os entendidos precisa referentes, non miremos para fóra, témolas aquí, neste proxecto social e deportivo avalado, como non podía ser doutro xeito, por empresas tamén da Mariña.
Por todo isto, gustounos tanto que gañaran en Madrid…!!




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



