A Asociación la Santina de Foz celebrou este sábado 12 de setembro a festa da Santina na honra á Virxe de Covadonga patroa dos asturianos. Despois da misa cantada pola Coral Liceo de Navia e posterior concerto, desenvolveuse na sala Bahía de Foz a gran espicha cunha participación dunhas 160 persoas que disfrutaron coa música do grupo A Subela e a coral Liceo, ademais dos cantarinos entre os asistentes. Remataron a festa cunha verbena amenizada polo grupo aguamarina de Viveiro. Durante o acto tamén se fixo entrega do XVII ESCANCIADOR ó matrimonio ALBERTO e MAGDALENA pola súa afinidade coa festa e con Foz; xa que a familia leva dende o ano 1974 veraneando en Foz.
