Madrid, 12 Setembro 2015. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que insta ao Ministerio de Industria a derogar canto antes o sistema de interrumpibilidade baseado en subastas eléctricas.
“Dados os perxuizos que está a xerar en moitas industrias, é hora de que Industria derogue este sistema que unicamente está a reportar problemas de inestabilidade empresarial, encarecemento dos custes de produción, competencia desleal, e inseguridade laboral en industrias como as estabelecidas en Galiza: Megasa, Alcoa, Celsa, Ferroatlántica e SLG Carbón”.
Demanda a deputada do BNG que Industria proceda á aprobación dunha tarifa industrial estábel, “algo que existe en países da UE con fama de avanzados como Alemaña ou Franza”.
É unha rémora para as industrias
Rosana Pérez subliña que o BNG sempre se opuxo a este tipo de mecanismos “perversos para a nosa industria”. Critica o sistema de subasta que non da seguridade á hora de planificar o futuro empresarial. “Pedimos en numerosas ocasións que o Goberno retirase este modelo”. Pón de manifesto que o descontento medrou entre as industrias “tanto pola inestabilidade que xenera como por fomentar a competencia desleal xa que cada empresa ten uns custes de produción”.
Nese sentido, alude ao caso de Alcoa, adicada ao aluminio e con factorías en San Cibrao e A Coruña, e en Avilés. “Actualmente compite nun mercado onde están á alza outros minerais como o zinc ou o aceiro. A produción de aluminio precisa dun maior consumo eléctrico que a de zinc ou a de aceiro. Polo tanto, o custe de produción é máis alto e non está adaptado ás necesidades de produción de cada industria”.
De aí a proposta do BNG dunha tarifa industrial estábel. E aínda que “é verdade que Alcoa xoga un duplo xogo, ameazando a cada pouco con pechar as súas tres plantas en base aos seus propios intereses, hai que saber distinguir e separar cada cousa e ver que o sistema de interrumpibilidade é unha rémora para calquera industria”.
Non obvia o BNG a súa histórica demanda para que se modifique o sistema eléctrico e se contemple a condición de territorios excedentarios na produción de enerxía eléctrica, como é o caso de Galiza, “compensándolles por asumir os altos custes sociais, económicos e medioambientais que conleva a produción enerxética, e permitíndolles ter unha tarifa eléctrica propia con prezos máis baixos”.
Destaca Rosana Pérez que o feito de ser Galiza excedentaria en enerxía non lle conleva beneficio algún. “O 40% da produción eléctrica de Galiza destínase á exportación, pero os seus habitantes ou as súas empresas non se benefician de nada”.
A deputada do BNG critica que o Goberno argumente sempre razóns de solidariedade territorial para se negar á tarifa eléctrica para Galiza. “Pero só practica a solidariedade nun sentido. Non hai solidariedade co que produce a enerxía e sofre os custes de xerala”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



