O Valadouro, 28 de agosto, 2026. O BNG do Valadouro volve levar ao pleno a necesidade de que o goberno municipal do Partido Popular actúe para reparar os camiños e pistas municipais deteriorados e aplique a ordenanza que regula as actividades de extracción e reforestación de madeira.
A formación nacionalista lembra que o pasado mes de marzo presentou unha proposta para modificar a ordenanza da saca de madeira, ante o estado no que quedaban os viais tras a actividade forestal. A iniciativa foi aprobada por unanimidade.
A modificación establece as responsabilidades e obrigas das empresas, recolle infraccións e sancións e incorpora unha fianza previa ao inicio da actividade para garantir a reparación dos posibles danos nas pistas e camiños municipais.
“Desde o BNG propuxemos unha solución, con responsabilidades claras para as empresas, infraccións, sancións e unha fianza que garantise a reparación dos danos. A proposta aprobouse por unanimidade, pero seis meses despois o Partido Popular non está a facer o seu traballo”, denuncia o portavoz nacionalista, Eduardo Chao.
Chao sinala que “a vixilancia e o control destes traballos poden ser unha tarefa complexa, pero o goberno municipal nin sequera está a cumprir co que xa estaba acordado e comprometido”. Como exemplo, cita a pista de Pedrouzos a Chaíño. “O BNG, desde a Concellería de Obras, arranxou o tramo de Pedrouzos até o desvío cara á Rapa. O previsto era continuar desde a Rapa até Chaíño en tres anualidades, pero o Partido Popular non deu continuidade aos traballos e a pista, que xa estaba en mal estado, vai a peor”, afirma.
O BNG denuncia tamén a situación doutras pistas municipais, entre elas a que sae de Villares. Pola súa parte, o concelleiro Eliseo Teijeiro chama a atención sobre o estado da pista que une Teixeda e Coutemil, que “segue sufrindo os efectos do tráfico pesado de maquinaria e camións dedicados á extracción de madeira, sen que o goberno municipal actúe para garantir o seu correcto estado”.
Por todo isto, o BNG leva ao próximo pleno unha moción para instar o goberno municipal a actuar con urxencia no arranxo destas pistas e a aplicar a ordenanza que regula as actividades extractivas de madeira e reforestación nos montes e espazos forestais do Concello do Valadouro, incluíndo a modificación aprobada por unanimidade no pleno do pasado mes de marzo.
“O Concello agora ten ferramentas para actuar. O que fai falta é que o PP as aplique, leve un control real da actividade e garanta que quen deteriora as pistas cumpra coa súa obriga de reparalas”, conclúe Eduardo Chao.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



