Xove, 28 de agosto, 2026. Xove continúa coa celebración das súas festas patronais, que arrancaron o xoves cunha programación pensada para o desfrute en familia e que se prolongará ao longo destes días con actividades para todos os públicos.
A primeira xornada comezou pola mañá cun contacontos dirixido á infancia. Pola tarde tivo lugar o pregón das festas, a cargo de Oliver Escobar, seguido da representación da ópera rock O Camiño do amor, do grupo Claxxon, que ofreceu ao público unha proposta musical e escénica diferente.
No segundo día das festas, a programación retomouse pola mañá no Salón de Actos do Concello coa actuación da Maga Fani, que presentou o espectáculo Uns enredos sorprendentes, incluído no programa Ler Conta Moito. A actividade permitiu ás crianzas achegarse ao mundo da maxia dun xeito participativo e divertido, reforzando a aposta do Concello de Xove por incorporar propostas culturais e de lecer para a infancia dentro das festas patronais.
A celebración continuou pola tarde cunha das citas gastronómicas máis agardadas: a sardiñada popular, amenizada pola Charanga NBA, que reuniu veciñanza e visitantes nun ambiente de festa, música e convivencia.
Pola noite, a verbena foi a protagonista, coa Orquestra Ritmo Joven e o Grupo América encargados de poñer ritmo á xornada e animar a festa ata entrada a madrugada.
O Concello de Xove anima a toda a veciñanza e ás persoas que visitan o municipio a participar nas actividades programadas e a desfrutar dunhas festas patronais que combinan cultura, tradición, gastronomía, música e diversión para todas as idades.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



