Viveiro, 19 de setembro de 2015.- O concelleiro do Partido Popular de Viveiro, abaixo asinante, en nome propio e no do grupo municipal do PP, presenta ó Pleno, para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte moción sobre o saneamento de Pontigo, Hermosende e Parraguesa en Galdo e outras parroquias do concello.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos barrios do Pontigo , Hermosende e Parraguesa da parroquia de Galdo levan catro anos cunha obra de saneamento rematada, á que so lle faltaría dotar de enerxía eléctrica á estación de bombeo para que puidese funcionar , sendo dita obra competencia do goberno local.
Son moitos os veciños destes barrios que reclaman a posta en servicio deste sanamento , asi como o interés que sempre mostrou o grupo municipal do Partido Popular en distintos plenos e a través de preguntas dirixidas á Alcaldia , para coñecer as causas polas que non se dotaba de servicio eléctrico a dita estación de bombeo.
Estamos ante unha situación que non só favorecería a estes veciños, senón que nun futuro se poderia ampliar o servicio a outros barrios próximos desta parroquia, como podería ser A Feira , que na actualidade se atopa sin alcantarillado.
Todo esto ven a demostrar unha vez máis, a inoperancia , a pasividade ou simplemente o capricho do goberno local para non acometer esta obra, que cun presuposto de 6.000 euros (según consta en acta) non parece unha cantidade excesiva para que non se faiga dunha vez por todas, máxime cando dita obra leva rematada, como xa dixemos, catro anos.
Non son pois capaces de dotar de enerxía eléctrica á estación de bombeo do Pontigo , unhas instalacións que como todas as obras públicas costan diñeiro ó contribuinte e que deste xeito non da beneficio ós veciños, que debe de ser o obxectivo fundamental que persiga calquera obra que se financie con fondos públicos.
Nun podemos olvidarnos de mencionar outras parroquias que están sin saneamento como San Andrés de Boimente, Valcarria e San Pedro cunha estación de bombeo cerca e casi sin servicio , asi como algúns barrios das parroquias de Covas , Chavin , Landrove, Galdo ….
Por este motivo propoñemos á Corporación a aprobación dos seguintes ACORDOS :
1º) Instar á Sra. Alcaldesa para que de maneira urxente, se dote de enerxía eléctrica ó saneamiento dos barrios de Pontigo ,Parraguesa e Hermosende en Galdo .
2º) Que se faigan as xestións necesarias coas administracións Provincial , Autonómica e Estatal para dotar e completar o saneamento daquelas parroquias deste Concello que a día de hoxe carecen deste servicio fundamental.