Barreiros, 24 de setembro de 2015.- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, destacou o papel da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, no financiamento das obras de mellora no entorno do colexio de San Miguel e da gardería de San Cosme. O rexedor agradeceulle ao departamento autonómico a súa axuda económica nestes proxectos durante a visita que este xoves realizou ao municipio Raquel Arias, a delegada territorial da Xunta en Lugo.
O rexedor dixo que “levamos xa uns anos recibindo estas axudas da Consellería de Presidencia e neste caso agradecemos que veña a delegada territorial a interesarse por estas obras. Unhas obras dunha mellora no entorno do colexio da San Miguel que vai favorecer unha mellor circulación alí, sobre todo máis protección e seguridade dos nenos cando saen do colexio, e tamén unha mellora en vieiros no centro de San Cosme, cuns novos aglomerados, nunha zona ao lado mesmo da gardería, onde hai moitísimo trafico polas mañás cando os pais veñen traer aos nenos, e por outro lado noutra zona que estaba en mal estado”.
Fuente Parga engadiu que “son pequenos investimentos, máis de 40.000 euros, dos que 33.000 os aporta a Xunta e o resto o Concello. É a liña na que hai que seguir, estas pequenas melloras todos os anos nos que xa sabemos a parte que temos que poñer e a parte na que nos van axudar. Creo que se van mellorando pouco a pouco os pobos, os accesos e neste caso tamén a seguridade dos nenos cando van ao colexio”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



