Foz, 24 de setembro de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, presentou na tarde deste mércores o novo curso das Escolas Deportivas Municipais, que comeza o vindeiro luns, 28 de setembro, e cuxa matrícula está aberta nos lugares onde se impartirán as actividades e na Casa da Xuventude. Castiñeira estivo acompañado no acto pola coordinadora das actividades, María Gómez.
O rexedor contou que “vimos de presentar un ano máis o curso das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Foz, acto no que se informou a todos aqueles pais e alumnos das Escolas Municipais do novo programa que se ofrece para comezar xa este próximo luns, o día 28. É moi similar ao do ano pasado, practicamente coas mesmas disciplinas, e co mesmo obxectivo, que é tratar de iniciar a todos os rapaces no deporte, no xogo, no entretemento, no teatro, na cerámica ou en calquera outra actividade que lle permita ao rapaz ter unha vida saudable e social, comunicarse cos demais compañeiros e buscar alternativas deportivas ou culturais”. E dixo estar satisfeito pola matriculación: “estamos contentos posto que as matrículas é probable que se aproximen ás do ano pasado e que superen os 100 inscritos”.
Javier Castiñeira engadiu que “a matrícula poden facela o mesmo día 28 no lugar onde se desenvolva cada actividade ou ben na Casa da Xuventude, poñéndose en contacto coa técnica de Xuventude. Animamos a todos os rapaces a que participen”. E destacou que o prezo da matrícula “non se variou con respecto a outros anos: son 15 euros para unha actividade e 17 euros se son dúas; e o desconto para familias numerosas que é do 50 por cento”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
